lunes, 17 de diciembre de 2007

Se presenta el telefilme A Mariñeira basado en un relato literario de Darío Xohán Cabana


Esta Tv-movie está dirigida por Antón Dobao y producida por Ficción Producciones y Diagonal TV, TVG, TV3, ICIC y la Consellería de Cultura. Basado en hechos reales que el paso del tiempo difumina, el telefilme narra la historia de una familia marinera en los últimos días de la República.








Nota de prensa remitida por Ficción Producciones:

Durante os meses de Xuño e Xullo rodouse o telefilme “A Mariñeira”, producido por Ficción Producciones e Diagonal TV, TVG, Televisión de Catalunya, ICIC e Consellería de Cultura. Esta rodaxe levouse a cabo nas localidades de Quilmas, O Pindo, Corcubión e Dumbría.

Este telefilme, dirixido por Antón Dobao, está baseado nun relato literario de Darío Xohán Cabana titulado “A Mariñeira de Quilmas”que se basea en feitos reais, destinados quizais a se diluíren co paso das xeracións, e pertence ó proxecto Un mundo de historias, denominación que agrupa unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.

Este ambicioso proxecto, creado e dirixido por Antón Dobao, comezou a súa andaina en 1999. Nun principio iniciouse como serie de televisión, en realidade como miniserie, pois constaba de sete episodios. A súa irrupción no panorama televisivo coincidiu cando o ente galego procedeu a apostar fortemente pola ficción televisiva.

Un proxecto de alto valor cultural que permitiu levar a un medio popular, como é a televisión, obras de insignes escritores galegos; Alfonso R. Castelao, X. L. Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.

Rematada esta primeira fase, arrancou a segunda cun cambio de forma audiovisual propiciada, en boa medida, pola demanda dos produtos de televisión. Así, da miniserie pasouse a unha longametraxe para televisión, os telefilmes. No ano 2005 producíronse dous telefilmes, Pataghorobí e A biblioteca da iguana, baseados en relatos de Xosé Cid Cabido e Xosé Miranda respectivamente. Estas tres películas son as primeiras tv-movies rodadas integramente en galego e producidas por TVG e Ficción Producciones.

Mentres, no 2006 realizouse a adaptación da novela de Alfonso A. Cáccamo O bosque de Levas. Mais co relato d´A Mariñeira vaise un pouco máis lonxe… Este novo filme quere irromper no campo audiovisual galego cun doble obxectivo:

- profundar na relación entre un audiovisual que nace e o campo literario galego mediante a adaptación dos nosos textos literarios, de calquera xénero, e a incorporación aos equipos de guionistas dos nosos mellores escritores, .

- incitar á elaboración produtos en lingua galega; é dicir, conferirlle ao audiovisual galego a única marca de identidade singular.

A Mariñeira, polo tanto, é un proxecto audiovisual ambicioso no que se quere dar respostas a varios niveis diferentes; unha historia modelo para o presente, un afondamento na memoria dunha comunidade, unha recreación histórica, un retrato etnográfico sobre a conducta humana, unha reflexión sobre a propia representación audiovisual... Un ambicioso programa de preguntas que serán tecidas entorno a unha rede-nai. O telefilme resultante non escatima ningún elemento á hora de conseguir articularse coma unha proposta entretida para o espectador.

Este relato conta a historia de María, Pandullo e a súa filla Rosa, que viven pracidamente nunha vila da costa galega, Quilmas. Na compaña dos seus amigos Patrocinio e Modesto, agardan a chegada da súa segunda filla, Federica. O mar e a terra dispénsanlles o que precisan os seus corpos e a República, o Estatuto e os libros o que a súa alma devece. Nin no seu peor soño imaxinaban o que en poucos días ocorrería.

En xullo de 1936 as súas vidas mudan para sempre, os fascistas toman o poder e comezan a persecución de todo sospeitoso de desafección ao novo réxime. Algúns morren e outros escapan monte arriba, buscando no Pindo un lugar no que refuxiarse e vivir preto dos seus.

Tanto os que se botan ao monte como os que morren deixan as súas familias soas. As mulleres quedan obrigadas a se faceren cargo da casa, da familia e a procurar que non lles falte de nada aos seus homes. Este foi o caso da nosa protagonista, María, a mariñeira de Quilmas, que para saír adiante con Rosa e Federica, as súas fillas, loita contra a fame, a inxustiza e a opresión dos que se aproveitan das desgrazas alleas. Durante os anos da Guerra Civil e a Posguerra, María, a pesar da ausencia do Pandullo, o seu home, tratará de tirar para adiante, educar as súas fillas e loitar contra todo aquel que se interpoña no seu camiño.

A través d’A Mariñeira navegamos rumbo á época máis crúa do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e primeiros anos de posguerra. A Mariñeira é un telefilme que nos permite, por unha banda, ser testemuñas dos terrores do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estalar o golpe de Estado que orixinou a Guerra Civil, temas tan recorridos nos libros, fitos e desgrazas que todos, directa ou indirectamente, coñecemos. Por outra banda, introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente na parroquia do Pindo, en Quilmas, entre a paisaxe rosada do seu monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona.

Amais, este novo telefilme conta coa coprodución catalana de Diagonal Televisió e da Televisió de Catalunya. Asemade, esta participación catalana dáse tamén nos equipos técnico e artístico. Mediante un axeitado labor de coordinación a cargo de Ficción Producciones o piñeiral do tranquilo monte Pindo transformarase no niño de vésporas que foi outrora.

Con esta nova producción, que supuxo un investimento de perto de 670.000 euros, Ficción Producciones dá un paso máis na defensa e reivindicación dun audiovisual propio, de calidade e aberto ás novas influencias e tecnoloxías que a cotío chaman á porta do mundo audiovisual.

Ficción Producciones consolídase, xaquelogo, como unha produtora teimosamente comprometida con certos valores e certos ”bos faceres”; a custo moitas veces de asumir o risco que supón apostar por tendencias e formatos alternativos, experimentais e novidosos.

A súa última criatura, o telefilme “A mariñeira”, participa desa inxección de autoestima e competencia que precisa o, todavía emerxente, audiovisual galego.

EQUIPO TÉCNICO

Director do Proxecto Antón Dobao
Guionista Xavier Cordal e Antón Dobao
Produtora Delegada TVG Chusi Riveira
Produtor Executivo Julio Casal
Directora de Produción Mamen Quintas

DIRECCIÓN
Directores Antón Dobao
1º Axudante de Dirección Tania Rodríguez Pino
Script Sandra Serna
2º Axudante de Dirección Lorena Vilas
Auxiliar de Dirección Isabel Escrigas
Directora Reparto Mariana Carballal
PRODUCIÓN
1º Produción Toni Veiga
Axte. Produción Cristina Pestonit
Axte. Produción José Baños
Axte. Produción Lola Liñares
Auxiliar de Produción Saúl García
Auxiliar de Produción Carlos Rodríguez
Secretaria de Produción Lorena Martínez
FOTOGRAFÍA
Director de Fotografía Suso Bello Giz
Operador de Cámara Suso Bello Giz
Axudante de Cámara Ramiro Sabell
Auxiliar de Cámara David Flores
Combo Rubén Lázaro
Fotógrafo de Esceas Luis Otero
SON
Xefe Son Joan Riba Roque
Microfonista Meli Souto
Aux. Son José Cristobo
DIRECCIÓN DE ARTE
Directora Artística Curru Garabal
Axudante de Arte Ortiz
Rexedora Belem Brandido
Rexedor Molinos
Atrecista Rodaxe Julián Esteban
Axte Atrezzo Rodaxe Xocas
Avance Juan Mena
Axudante Avance David Del Rey "Fino"
Localizacións Belem Brandido
SASTRERÍA
Figurinista Ana López
Axudante Vestiario Ruth Díaz
Auxiliar Vestiario Mari Seoane
PERRUQUERÍA
Xefa de Perruquería Trini F. Silva
Reforzo Maquillaxe/Perruquería
MAQUILLAXE
Xefa de Maquillaxe Marta Prats
Reforzo Maquillaxe/Perruquería Óscar Aramburu
ILUMINACIÓN
Xefe de Electricos Roberto Quinteiro
Eléctrico Luís Neira
Eléctrico Jose Barreiro
Maquinista Sergio Abad
Grupista Luisma Iglesias
POSTPRODUCCIÓN
Montaxe Luis Faraón
Axudante de Montaxe Ruben Lázaro

No hay comentarios:

Datos personales